A nosa metodoloxía

Na Escola Infantil Caíca contamos co compromiso de acompañar e guiar ao noso alumnado e axudarlles a acadar todo o que se propoñan, mediante un acompañamento respectuoso.
A nosa pedagoxía estará guiada pola metodoloxía da Doutora María Montessori (1870-1952). A Dra. María Montessori observou que o neno posúe dentro de si o patrón para o seu propio desenvolvemento (bio-psico-social). O neno desenvólvese plenamente cando se permite que este patrón interno dirixa o seu propio crecemento.
Desta forma constrúe, a partir dese potencial interior, a súa personalidade e o seu propio coñecemento do mundo.
Método Montessori
Axúdame a facelo por min mesmo
O método Montessori caracterízase por proveer un ambiente preparado, estético, simple e real, onde cada elemento ten a súa razón de ser no desenvolvemento dos nenos/as. É por iso que a Escola Infantil Caíca ofrecerá aos máis cativos/as:
- Ventás de aprendizaxe
- Libre elección
- Materiais de control de erro
- Ambientes preparados

