As nosas instalacións
Aulas
A Escola Infantil Caíca está formada por tres aulas con amplas cristaleiras...

Aula 0-1
Ambiente preparado que favorece o desenvolvemento dos sentidos por medio dun adestramento sensorial, cuidadosamente programado, favorecendo a integración entre a evolución cognoscitiva, enriquecemento sensorial e actividade manual.

Aula 1-2
Espazo seguro que brinda a posibilidade de desenvolverse de forma integral, creando a súa individualidade e personalidade. Ofrecer un espazo protexido e adecuado ao tamaño do alumnado, espazo configurado a partir das súas necesidades.

Aula 2-3
Espazo que invita a realizar experiencias significativas. Mediante recunchos de traballo desenvolven a súa autonomía, independencia, concentración, coordinación e orde interno e externo.
Cociña propia
A escola dispón dunha cociña totalmente equipada para dar o servizo de comedor a todo o alumnado. Cabe destacar que contar con cociña propia proporciona a posibilidade de realizar talleres de cociña cos cativos/as.

Patio exterior
O patio é o contexto escolar onde máis se pon en xogo as habilidades sociais e se favorece o desenvolvemento das interaccións con outros iguais.
Un patio ben pensado estimula o xogo, a interacción, fomenta a curiosidade, beneficia a autoestima e a saúde física.

Aula de usos múltiples
Tamén contamos cunha ampla aula de usos múltiples totalmente aberta na que levaremos a cabo diferentes actividades experimentais que permitirán ao alumnado aprender dunha forma diferente e divertida.


